h1

Funcións do padroado da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061:

Con estricta suxeición á normativa vixente, ós criterios de planificación, coordinación e ás directrices de carácter xeral da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, serán funcións do padroado as seguintes:​

  1. Determinar os criterios de actuación da fundación dentro do marco fixado polos estatutos.
  2. Adoptar as medidas e disposicións convenientes que garantan o mellor cumprimento dos fins establecidos.
  3. Aprobación dos plans xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimentos e a súa periodificación anual, que deben recollerse nos orzamentos anuais que tamén aprobará.
  4. Aprobar periodicamente os plans docentes e de investigación e os seus resultados.
  5. Aprobar o inventario-balance anual, a liquidación do orzamento e a conta de resultados consecuencia da xestión asistencial e económica da entidade no período anterior.
  6. Nomear o director da fundación e fixar as relacións contractuais. Por proposta do director, nomear os cargos directivos de primeiro nivel e fixar as súas atribucións.
  7. Autorizar a política de persoal e réxime retributivo dentro dos límites legais e, en particular, a aprobación do cadro de persoal fixando os criterios de selección do mesmo.
  8. Adoptar os acordos de disposición e gravame sobre os bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio da fundación.
  9. Aprobar os contratos de obras, servicios e subministracións da fundación. Esta función poderá ser delegada no director ata o límite fixado polo padroado.
  10. Aprobar o plan anual de actividades e a memoria da fundación.
  11. Aprobar os acordos e/ou convenios que considere de interese para o mellor logro dos seus fins.
  12. Aprobar os criterios de ordenación de pagamentos e facturación propostos polo director.
  13. Adoptar o logotipo e a imaxe representativa da fundación, e autorizar o seu uso na forma que considere oportuno.
  14. Acordar o exercicio das accións e excepcións que considere oportunas, así como os recursos e reclamacións xudiciais e administrativos, en defensa dos dereitos e intereses da fundación.
  15. Aceptar doazóns cando leven aparellada algunha condición ou modalidade onerosa, así como legados e herdanzas a beneficio do inventario; non obstante, para repudialos necesitaríase a autorización expresa do Protectorado.
  16. Con suxeición á normativa vixente, o padroado poderá conferir apoderamentos ou delegar as súas funcións no director, comisións ou comités que se constitúan e cargos directivos da fundación, así como encomendar a entidades aspectos concretos da xestión.
  17. Calquera outra función non asignada expresamente a outro órgano.
​ ​​​​