h1

IMG_0213 (Medium).JPG

O pasado 19 de xullo, unha comitiva de representantes do Ministerio de Saúde de Xordania visitou a Galicia para coñecer de primeira man o modelo organizativo da Atención Primaria galega e a xestión das urxencias e as emerxencias sanitarias extrahospitalarias na nosa Comunidade.

A comitiva do Ministerio de Saúde xordano estivo conformada polo doutor e director do NCDs Directorate, Anas Almohtaseb; o xefe do departamento da NCD Directorate, o Doutor Saed Assaf; e os membros da Fundación CSAI en Amman, o doutor Seifddin Saleh Faleh Hussein, e a xerente da REAYAH, Faleh Mustafa Al Garaibeh.

Tras visitar o Centro de Saúde da Estrada, desprazáronse ata as instalacións do 061 de Galicia, onde a directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira Pan, realizou unha exposición sobre o funcionamento do sistema de coordinación de emerxencias extrahospitalarias galego, e sobre a xestión das demandas de asistencia sanitaria desde a recepción da chamada ata a resolución do servizo.

Posteriormente, desprazáronse ata a Central de Coordinación do 061 para coñecer en tempo real a xestión do servizo público de urxencias e emerxencias sanitarias na Comunidade Autónoma galega. Os representantes do Ministerio de Saúde de Xordania trasladaron especial interese pola formación dos profesionais sanitarios do 061 de Galicia.​