h1

O Programa Acougo está deseñado polo 061 en colaboración coas unidades de psiquiatría do Servizo Galego de Saúde, e ten como instrumento básico o “Protocolo xeral para traslados e ingresos non voluntarios e urxentes de persoas con enfermidade ou trastorno mental” subscrito entre a Consellería de Sanidade, a Delegación do Goberno en Galicia e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.  


Os obxectivos deste programa son:

  • Acceso inmediato das persoas afectadas cos recursos asistenciais a través da vía telefónica con atención as 24 horas do día, os 365 días do ano.
  • Desenvolver un protocolo específico de intervención dirixido aos pacientes.
  • Asegurar o traslado de pacientes en condicións de seguridade, rapidez e dignidade.
  • Asegurar a conexión interniveis: atención primaria, atención especializada ambulatoria e hospitalaria conectando cos servizos de urxencia.
  • Establecer un programa de adestramento e formación continuada específico para operadores e equipos de intervención do 061.
  • Desenvolvemento dun programa informático de rexistro.
  • Informar, asesorar e orientar aos pacientes, familiares e cidadáns. 
  • Establecer un programa de intervención con pacientes coñecidos e atendidos polos servizos asistenciais que se atopan en situación de risco ou crise. 
  • Consolidar un programa de mellora continua.
A través deste programa impleméntase a coordinación de recursos entre os distintos niveis asistenciais -e de ser precisas outras institucións como: Protección Civil, autoridades civís ou administracións de xustiza-, para asegurar a intervención inmediata, efectiva, segura e de calidade, no lugar da crise, cando un cidadán alerta dunha situación na que se sospeite descompensación dunha patoloxía psiquiátrica crónica ou o debut dun cadro agudo.