h1

A formación impartida a través do Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes debe desempeñar un papel integrador dentro da actividade xeral da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Un sistema que provea das habilidades e coñecementos necesarios, individuais e de equipo, que permita optimizar os recursos, potenciar as fortalezas presentes e adiantarse ás necesidades futuras.

Dado que os postos de traballo da Fundación están ben definidos, o Centro de Formación debe detallar os requirimentos tanto no que se refire ao perfil persoal como as habilidades e capacidades necesarias para poder desempeñalos a un nivel excelente. Á súa vez, dada a natureza dos servizos sanitarios que prestamos, o Centro de Formación debe responsabilizarse de garantir a continuidade dos procesos asistenciais non só como elo da cadea, senón tamén en orixe e destino.

A través da súa visión integradora non debe esquecer ao resto de profesionais da sanidade de Galicia, promocionando actuacións conxuntas e facilitando o labor dos profesionais en formación, tanto a nivel universitario como durante o seu período de formación especializada post-grao.