h1

Son ambulancias cuxo equipamento permite prestar soporte vital básico (SVB), coidados básicos de saúde e transporte sanitario.

O equipo humano que integra cada ambulancia asistencial de soporte vital básico (SVB) consta de: 
 
  • Un condutor técnico en emerxencias sanitarias (TES).
  • Un axudante TES.

 

Estas ambulancias dan cobertura á poboación galega, as 24 horas do día, os 365 días do ano. Están en contacto permanente coa central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a través de teléfono, radio e sistema de localización por GPRS.

Poñen a disposición da poboación a realización da desfibrilación nos tempos recomendados polas sociedades científicas. Para isto, todos vehículos dispoñen de desfibrilador semiautomático externo (DESA) e persoal con formación no seu manexo, así como material de mobilización e inmobilización de pacientes traumatizados. 

O equipamento das ambulancias asistenciais de soporte vital básico é supervisado de forma periódica, co fin de garantir que as ambulancias cumpran, en todo momento, cos requisitos de calidade esixidos nos pregos de contratación.