h1

No caso de que vostede teña gripe: 

  • Garde repouso no seu domicilio.
  • Beba abundantes líquidos e coide a súa dieta co consumo de froitas e verduras.
  • Lávese frecuentemente as mans e manteña hábitos de hixiene que diminúan as posibilidades de contaxio.
  • Controle a febre.

Que evitar:

  • Tomar antibióticos e antivirais sen indicación médica.
  • Dar ácido acetil salicílico a nenos ou xente nova (podería provocar unha síndrome rara, pero grave, chamada Síndrome de Reye).

 Cando debe chamar ao 061:

  • Se ten febre superior a 38,5ºC e persiste durante máis de tres días.
  • Se nota un empeoramento repentino ou pasaron xa sete días desde o comezo dos síntomas gripais.
  • Se sofre alteracións da consciencia (dificultade para espertar ou irritabilidade).
  • Se detecta erupcións cutáneas.
  • Se sofre dificultade para respirar, expectoración sanguinolenta ou dor no peito.
  • Se pertence a un grupo de risco como enfermos crónicos ou embarazadas.