h1

A Dra. Laura Quintás Vázquez, médico asistencial da base medicalizada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 en Foz, recibiu o premio á Mellor Comunicación no XXVI Congreso Autonómico de Semes-Galicia.

A Dra. Quintás presentou a comunicación "Supervivencia e prognóstico da parada cardíaca extrahospitalaria en Galicia" baseada nos resultados de estudos realizados a pacientes atendidos polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O XXVI Congreso Autonómico de Semes-Galicia celebrouse durante os días 14 e 15 de marzo na cidade de Lugo baixo o lema "A vida é urxente".