h1

O día 18 de xaneiro tivo lugar o curso de simulación avanzada en emerxencias extrahospitalarias organizado polo Centro de Formación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, no aula de simulación do ACIS en Santiago de Compostela.

O obxectivo fundamental do curso foi dotar ao alumno dos coñecementos e habilidades para poder traballar en equipo ante situacións de urxencia vital, realizando unha avaliación primaria e aplicando as técnicas de soporte vital avanzado, nun simulador integral de paciente adulto.

Os obxectivos específicos desta acción formativa incluíron: manexar ao grupo interveniente ante unha situación de gravidade clínica con liderado e seguridade para o paciente e para o equipo de intervención, resolver casos prácticos de situacións clínicas habituais nun tempo axeitado, coñecer as técnicas intervencionistas destinadas a estabilizar ao paciente e mantelo nas mellores condicións ata a implantación de solucións definitivas, solucionar as complicacións clínicas que poidan aparecer durante o desenvolvemento do caso clínico, interpretar as diferentes variables e parámetros fisiolóxicos, así como os seus cambios durante a evolución do caso clínico, relacionadas coas técnicas e tratamentos administrados, preparar o traslado e a transferencia do paciente cando sexa necesario, practicar a reanimación cardiopulmonar no manexo del paciente crítico e integrar o protocolo con os de outros niveis asistenciais e resolver problemas derivados das actuacións levadas a cabo durante a resolución do caso clínico que foron producidas por decisións non apropiadas do equipo sanitario.

Inclúense casos clínicos de dificultade respiratoria, arritmias, dor torácica, traumatismo cránio-encefálico, shock hipovolémico, politraumatizado, parada cardiorrespiratoria, shock anafiláctico, trauma torácico e edema agudo de pulmón.

O curso é totalmente práctico. Os alumnos son divididos en dous grupos de oito membros cada un, que van rotando alternativamente polos casos clínicos. Mentres un grupo traballa no caso, o outro realiza unha sesión de visionado e debriefing do caso que protagonizou.

Dentro de cada grupo de oito alumnos realízase unha división en grupos de catro, de forma que estes sexan os que se fan cargo do caso e os outros catro levan o peso da discusión e do debriefing. Ao rematar a xornada, todos os alumnos terán pasado polos mesmos escenarios.