h1

DPXerais/PHOTO-2023-12-11-11-08-20.jpg​​

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acaba de estrear a base medicalizada da cidade de Lugo. Desde o pasado 22 de novembro, o persoal sanitario e os recursos asistenciais do 061 prestan servizo desde o Centro Integral de Saúde (CIS), o primeiro en implantarse na Comunidade Autónoma galega.

Estas instalacións constan dunha sala de descanso, office e zonas de aseo, así como de catro habitacións para o descanso do persoal. Ademais, hai unha zona reservada para o material de farmacia e funxible, e un garaxe propio para os vehículos de soporte vital avanzado.

A nova localización da base medicalizada do 061 en Lugo permitirá mellorar os tempos de resposta á poboación e axilizará, por tanto, a asistencia ás urxencias e ás emerxencias na súa área de cobertura.​