h1

DPXerais/PHOTO-2023-11-14-13-18-57.jpg​​

Os días 10 e 11 de novembro tivo lugar en Salamanca o VI Congreso Nacional do Consello Español de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) no Palacio de Congresos de Salamanca.

A comunicación oral, titulada “Teñen capacidade os nenos en idade escolar para realizar compresións torácicas de calidade?” realizada por Graciela González Belmonte, Camilo José Vázquez Corveiras e Bibiana Basadre Rodríguez, todos eles traballadores da base medicalizada de Foz de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, obtivo o primeiro premio do Congreso tras a votación presencial por parte do público.

Pola súa banda, Sofía Díaz Mosquera, médico da base medicalizada de Ferrol, interveu na mesa “Falemos un pouco de paradas cardíacas” coa revisión dun caso clínico de PCR por tromboembolismo pulmonar (TEP) sobre o diagnóstico e tratamento, atendido nesta base, unicamente por clínica e electrocardiograma.

Ademais, María Teresa Santiago Puga, Raúl Mateos Pérez e Óscar Álvarez Maquieira, profesionais da base medicalizada de Mos representaron á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no cuarto campionato nacional de soporte vital avanzado (SVA) por equipos que se realizou tras a sesión de clausura.

Por último, subliñar que o próximo Congreso Nacional do Consello Español de Reanimación Cardiopulmonar, que se celebrará en 2024, terá lugar en Galicia e contará coa colaboración especial da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como organización anfitrioa.