h1

/DPXerais/Jubilaciones-2023.jpg​​

O pasado día 2 de outubro tivo lugar un acto de homenaxe aos traballadores da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se xubilaron. Por este motivo, desde a dirección de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reuniuse a todos estes traballadores nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) na Estrada. No transcurso do acto entregóuselles un pin de ouro que representa os números 061 en recoñecemento aos anos prestados no servizo.

Os homenaxeados foros: María José Rodríguez García, enfermeira da base medicalizada A Coruña II; Aurora García Hermida, enfermeira da base medicalizada A Coruña I; María Luisa Goday Berini, enfermeira da base medicalizada de FerroI e José Antonio Díaz Vázquez, médico da base medicalizada de Santiago.

Ademais, realizouse unha mención a Daniel Fernández Loureiro, Técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información e a José Luis Salgado Pérez, enfermeiro da base de Soporte Vital Avanzado de Santiago que finalizan a súa etapa laboral en Urxencias Sanitarias de Galicia-061.