h1

/DPXerais/colaboracion-ruta-enfermera-02.JPG​​

O pasado 27 de setembro realizouse o simulacro dun accidente de múltiples vítimas no aeroporto de Vigo, no que ademais do persoal sanitario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, participaron voluntarios da Cruz Vermella e persoal sanitario de Atención Primaria da Área sanitaria de Vigo.

No suposto accidente, unha aeronave, con problemas no tren de morro, aterraba preto da pista e caía por un terraplén nunha parcela externa ao aeroporto. Este sinistro provocou a activación do nivel 2 do Platerga (Plan territorial de emerxencias de Galicia) e a alerta telefónica á Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112, seguindo os procedementos de coordinación establecidos. No sinistro, contabilizáronse 28 feridos que tras a triaxe clasificáronse como: tres pacientes vermellos, seis amarelos, sete verdes e 12 falecidos.

Desde a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizáronse unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, unha ambulancia asistencial de soporte vital básico, un vehículo de apoio loxístico e dúas ambulancias asistenciais de soporte vital básico de Cruz Vermella, que foron medicalizadas polo persoal sanitario de Atención Primaria.

Coa realización deste simulacro tratouse de comprobar a capacidade de executar acciones coordinadas, confirmar a efectividade do plan de emerxencias do aeroporto e dos planes de organismos alleos implicados, e detectar posibles puntos de mellora.​