h1

Ambulancias cuxo equipamento e dotación permite prestar asistencia médica in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado (SVA).

O equipo humano que integra cada ambulancia asistencial de soporte vital avanzado consta de:

  • Un médico con formación específica en urxencias e emerxencias.
  • Un enfermeiro con formación específica en urxencias e emerxencias.
  • Un condutor técnico en emerxencias sanitarias (TES).
  • Un axudante técnico en emerxencias sanitarias (TES).
Estas ambulancias prestan servizo as 24 horas, os 365 días do ano, e están en contacto permanente coa Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (CCUSG-061), a través de teléfono, radio e sistema de localización por GPS.

A distribución das 11 bases de ambulancias asistenciais coas que conta o 061 se poden ver aquí. O obxectivo das AA-SVA é garantir unha atención de calidade, prestando asistencia/monitorización de pacientes críticos, tanto in situ como durante o traslado a un centro sanitario en situacións de urxencia e emerxencia.

O persoal das AA-SVA asume o mantemento da operatividade do recurso, a autoxestión da medicación e material funxible e o mantemento da base, así como o seguimento da adecuada utilización dos DESA por parte de persoal non médico. Por outra banda, colabora na realización de cursos de formación en urxencia extrahospitalaria na súa área de influencia, ademais do mantemento do material para incidentes de múltiples vítimas (IMV) e desenvolvemento de protocolos de actuación ante situacións de catástrofes.