h1

Ambulancias cuxo equipamento permite prestar soporte vital básico (SVB), coidados básicos de saúde e transporte sanitario.

O equipo humano que integra cada ambulancia asistencial de soporte vital básico, AA-SVB consta de:

  • Un condutor técnico en emerxencias sanitarias (TES)
  • Un axudante técnico en emerxencias sanitarias (TES)
Estas ambulancias dan cobertura á totalidade da poboación galega, as 24 horas do día os 365 días do ano, e están en contacto permanente coa Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias, a través de teléfono, radio e sistema de localización por GPRS. Un dos seus obxectivos é poñer a disposición da poboación a posibilidade de desfibrilación nos tempos recomendados polas sociedades científicas. Para isto, todas elas dispoñen de material para realizar manobras de SVB, desfibrilador semiautomático externo (DESA) e persoal con formación na seu manexo, así como material de mobilización e inmobilización de pacientes traumatizados.

O equipamento das características técnicas das AA-SVB é supervisado de forma periódica, co fin de garantir que en todo momento as ambulancias cumpran cos requisitos de calidade esixidos nos; pregos de contratación.