h1

Aeronaves cuxo equipamento permite prestar asistencia médica in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado (SVA).

O equipo humano que integra cada helicóptero medicalizado consta de:

  • un médico con formación específica en urxencias e emerxencias.

  • un diplomado en enfermaría (DUE) con formación específica en urxencias e emerxencias.

  • un piloto con experiencia en emerxencias.

  • un copiloto con experiencia en emerxencias.

Estes helicópteros medicalizados prestan servizo diúrno, de orto a ocaso, os 365 días do ano. Están contratados pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), aínda que a súa actividade é case exclusivamente sanitaria, e están en contacto coa Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 , a través da Central de Emerxencias do 112.

Os helicópteros medicalizados están situados en:
  • Santiago de Compostela.

  • Ourense.

As bases medicalizadas de Santiago de Compostela e Ourense son bases con dobre recurso, ambulancia e helicóptero, prestando o persoal médico e de enfermaría servizo en ambos os dous recursos.

Ademais destes dous helicópteros, cóntase co apoio das aeronaves da Consellería de Medio Rural e do Mar, capacitadas para o voo nocturno e asentadas en Celeiro (Viveiro) e Vigo.