h1

Son aeronaves cuxo equipamento permite prestar asistencia médica in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado.

O equipo humano que integra cada helicóptero medicalizado consta de:

  • un médico con formación específica en urxencias e emerxencias.

  • un diplomado en enfermaría con formación específica en urxencias e emerxencias.

  • un piloto con experiencia en emerxencias.

  • un copiloto con experiencia en emerxencias.

Estes helicópteros medicalizados prestan servizo de orto a ocaso, os 365 días do ano. Están contratados pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a súa actividade é exclusivamente sanitaria e están en contacto directo coa central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Os helicópteros medicalizados están situados en Santiago de Compostela e Ourense.

Ademais destes dous helicópteros, cóntase co apoio das aeronaves da Consellería de Medio Rural e do Mar, capacitadas para o voo nocturno e asentadas en Celeiro (Viveiro) e Vigo.