h1

As huchas de catástrofes conteñen material para poder prestar asistencia de soporte vital avanzado (SVA), cando nunha situación de incidentes de múltiples vítimas (IMV) se estime que poida haber máis de cinco feridos críticos.

O material que contén permite asistir ata a quince feridos críticos.

Dotación:

  • Huchas de catástrofes para AA-SVA terrestres:

  • Son tres huchas iguais en todas as bases e co seguinte material:
    • Hucha de sinalización (amarelo): tarxetas, bandeiras e plásticos de triaxe, lámpadas e triángulos de sinalización, cinta de balizamento e puntos de iluminación.
    • Hucha de respiratorio (azul): con medicación e funxible.
    • Hucha de circulatorio (vermello): con material funxible, material de desinfección, suturas e soros.
  • Hucha de helicópteros:

  • É unha hucha única, de menor tamaño, (razóns de espazo) con material de respiratorio, circulatorio e medicación. Localizada na base do helicóptero medicalizado.
Situación:

As huchas sitúanse en lugares estratéxicos dentro das áreas de influencia das AA-SVA, accesibles para as AA-SVB, co fin de poder desprazalas en caso de que sexan necesarias.