h1

A planificación da atención a incidentes de múltiples vítimas (IMV) e catástrofes é unha actividade clave dentro do noso servizo. Por elo, tense constituído unha comisión de catástrofes, integrada por médicos e enfermeiros, da area asistencial e de coordinación.

Esta comisión participa na elaboración e/ou actualización do Plan de Catástrofes da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Este plan recolle a forma de actuación ante unha situación de catástrofe, o material dispoñible e os protocolos específicos ante riscos concretos (químicos, incendios, accidentes aéreos ou ferroviarios, etc.).

Desta forma, preténdese conseguir unha organización que permita actuar ante situacións de incidentes de múltiples vítimas (IMV) e/ou catástrofes, que sexa difundida e coñecida por todo o persoal da Fundación.

Este plan inclúe tamén:

  • Promoción da creación de grupos de traballo entre persoal de cada base medicalizada e os servizos que atenden ás emerxencias na súa área de influencia (corpos e forzas de seguridade do Estado, bombeiros e Protección Civil) co fin de elaborar protocolos conxuntos de actuación.

  • Realización de simulacros, co fin de exercitar a coordinación entre os distintos intervenientes.

  • Colaboración coas empresas que realizan obras de envergadura na nosa Comunidade, así como na elaboración de plans de emerxencias exteriores de empresas con potencial risco.

  • Formación continua en IMV.