h1

A rede de transporte sanitario urxente de Galicia (RTSUG-061) é unha rede integral e permanente de urxencia, coordinada e mobilizada exclusivamente a través da central de Coordinación do 061 de Galicia. Está deseñada para dar resposta ás diversas necesidades de asistencia e transporte sanitario urxente extrahospitalario as 24 horas do día, os 365 días do ano dando cobertura á totalidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na actualidade está formada por:

  • 2 helicópteros de soporte vital avanzado (H-SVA): situados en Santiago de Compostela e Ourense, dotados do material e o persoal sanitario capacitado para prestar asistencia médica in situ a pacientes de extrema gravidade.
  • 11 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado (AA-SVA): localizadas en Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Foz, Ourense, Pontevedra, Vigo, Mos, 2 na cidade da Coruña e unha no período estival en Sanxenxo. Cunha dotación de dous técnicos en emerxencias sanitarias e persoal facultativo e de enfermería, dispoñen do equipamento necesario para prestar asistencia médica in situ aos pacientes graves, e asistilos durante o seu traslado.
  • 106 ambulancias asistenciais de soporte vital básico (AA-SVB): dotados de dous técnicos en emerxencias sanitarias, dispoñen de desfibriladores semiautomáticos e capacitadas para realizar manobras de soporte vital básico. A distribución por provincia é a seguinte: 32 bases na provincia da Coruña con 38 vehículos, 16 bases na provincia de Lugo con 20 vehículos,14 bases na provincia de Ourense con 16 vehículos e 24 bases na provincia de Pontevedra con 32 vehículos

1997: O 1 de xullo incorporou a RTSUG-061 8 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado con base nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Sanxenxo (esta última só durante a época estival).

1998: Presentación da primeira rede permanente de ambulancias de urxencia poñendo en marcha 75 ambulancias asistenciais de soporte vital básico.

2000: 14 novas AA-SVB, reforzando a cobertura das principais cidades galegas.

2001-2004: Posta en marcha de 9 novas AA-SVB e incorporación de DESA nas mesmas.

2005: Comenzo de 2 AA-SVA localizadas en A Coruña e Mos, coa finalidade de iniciar o Programa Galego de Atención ao Infarto Agudo de Miocardio (Progaliam).

2007: Reorganización da contratación do transporte sanitario urxente terrestre coa creación das 14 áreas, e a posta en marcha de 3 novas AA-SVB.

2008-2009: Reorganización das AA-SVB existentes, co fin de adecuarse á demanda e achegar as súas bases aos Puntos de Atención Continuada.

2007: Inicio da AA-SVA con base en Foz coa finalidade do transporte sanitario urxente, tanto primario como secundario na área da Mariña lucense.

2016: Incorporación de 5 novas AA-SVB (A Coruña, Tomiño, Rianxo, Ourense e Vilagarcía de Arousa).