h1

A medicina de urxencias no ámbito da atención primaria engade a dificultade da atención sanitaria en circunstancias de elevada presión asistencial, o factor engadido da soidade que supón o exercicio da medicina fóra dun centro sanitario. Ademais, en ocasións, os profesionais que a levan a cabo vense obrigados a enfrontarse a situacións complicadas ou pouco frecuentes

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ofrece, a través da súa central de coordinación, a posibilidade de que en todo momento o persoal sanitario que exerce o seu labor neste ámbito poida ter, ao poñerse en contacto connosco, o respaldo dun equipo de facultativos que teñen unha contrastada experiencia en medicina de urxencias, e unha formación específica tanto en atención a pacientes críticos, coma en patoloxía xeriátrica e pediátrica.

Con iso poderá obter no momento que o considere necesario:

  • A opinión dun compañeiro sobre a orientación dun determinado caso clínico.

  • A Consulta avanzada sobre diferentes materias médicas (administración de fármacos, toxicoloxía, interpretación de probas diagnósticas...). Mentres el se dedica á asistencia "in situ" do paciente, o equipo de médicos coordinadores poden ir achegando a devandita información; cando se necesite a través de buscas bibliográficas avanzadas, buscas na rede, contacto directo con especialistas de garda, etc.

  • Información sobre os circuítos e procedementos pertinentes no funcionamento do sistema sanitario, que moitas veces se descoñecen pola falta de práctica ou a excepcionalidade do seu uso para o clínico.

 

Do mesmo xeito profesionais de enfermaría, farmacéuticos ou calquera outro profesional implicado na atención sanitaria poden, en todo momento, recorrer ao 061 para obter o apoio e o asesoramento que lles sexa solicitado.

O contacto permanente entre os profesionais de atención primaria e a central de coordinación desemboca na busca da mellor asistencia posible para os cidadáns.