h1

O SAU comprometese a:

  1. Facer a Recepción e rexistro de todas as solicitudes.

  2. Notificar a recepción do escrito recibido: o SAU porase en contacto co usuario notificándolle a recepción da súa solicitude, informando das xestións que vanse realizar e informándoo do tempo de resolución estimado da súa solicitude. A notificación  da recepción farase nun tempo non superior ás 72 horas en días hábiles.

  3.  Xestionar as respostas aos usuarios: unha vez reunida e analizada toda a documentación necesaria, estúdase a mesma e elabórase un informe de resposta que será enviada ao usuario por escrito vía correo certificado con acuse de recibo. Esta resposta será remitida nun prazo non superior a 15 días hábiles; no caso de que concorreran circunstancias que puideran demorar dita resposta, serán comunicadas ao solicitante.

  4. Informar ao solicitante do resultado da valoración da súa queixa ou reclamación e das medidas adoptadas para mellorar a calidade dos servizos prestados á poboación.