h1

A consulta médica é unha das principais actividades no día a día da Central de Coordinación.

Durante as 24 horas do día, existe un equipo de médicos, profesionais expertos en medicina de familia e de urxencias, dedicados ao asesoramento médico telefónico.

Calquera usuario que chama ao servizo por un problema sanitario, ten a oportunidade de comentar o seu caso ou o dalgún achegado cun dos consultores.

Tras un completo interrogatorio médico dirixido a descubrir os antecedentes e datos clínicos pertinentes, o facultativo avaliará a situación. Después de chegar a unha conclusión, emitirá unha opinión sobre as posibles causas clínicas e dará un consello médico que orientará cara á resolución do problema.

A resposta pode finalizar aquí ou pode incluír a derivación a un centro sanitario, a decisión dunha visita médica domiciliaria ou a asignación dun recurso móbil para o traslado do paciente, sempre co obxectivo de encamiñar este ao lugar onde se lle poida resolver de xeito máis eficiente o seu problema sanitario.