h1

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, co compromiso de informar, orientar e axudar aos seus usuarios, e coa finalidade de que a sua actividade sexa plenamente satisfactoria tanto para o usuario como para os seus familiares e persoas do seu entorno, puxo en marcha o Servizo de Atención ao Usuario (SAU) dependente directamente da Dirección da Fundación

A Misión do SAU:

O SAU ten como misión a mellora continua da calidade, referida á atención prestada aos cidadáns que utilizan os servizos da Fundación, establecendo canles axeitadas para garantir a participación do usuario. O SAU é onde se recepcionan tanto as queixas e reclamacións coma os agradecementos, xestionándose toda a información necesaria para responder de forma axeitada e procurando que dita resposta sexa dada no prazo máis curto posible, servindo como enlace entre o usuario e a organización. Así mesmo, xestiónanse tamén todas as solicitudes de visitas de asociacións, grupos de cidadáns, centros de ensinanza, etc. que desexen coñecer o funcionamento do servizo dende dentro, visitando as nosas instalacións e mostrándolles como traballamos.

O persoal:

O SAU está constituído por dúas persoas: un Xefe/a de Servizo e un secretario/a.