h1

Os requisitos necesarios para poder contestar a unha solicitude de información, queixa ou reclamación están recollidos na LOPD e son os seguintes:

En base á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os informes sobre servizos só poderán ser facilitados nos seguintes casos:

  • Cando o solicite o propio paciente: neste caso, deberá enviar unha solicitude asinada e xuntar unha fotocopia do D.N.I.

  • Cando o solicite un familiar do paciente (estando este incapacitado ou falecido) ou representante legal do mesmo: neste caso, aparte da solicitude asinada e a fotocopia do D.N.I., deberá enviar documentación que acredite o parentesco co paciente, ou a súa representación legal.

  • Cando o solicite o Defensor do Pobo, o Ministerio Fiscal, os Xuíces ou Tribunais ou o Tribunal de Contas, no exercicio das funcións que ten atribuídas.

En base á mesma lei, os informes  serán enviados ao solicitante por correo certificado, polo que deberán facilitar unha dirección de correo postal.

 

 

Documentos relacionados Documentos relacionados