h1

  • Telefonía móbil e fixa, que permiten a comunicación da CCUSG-061 tanto cos recursos, como con resto da poboación galega (alertantes, pacientes, FOP,...).
  • Rede Dixital TETRA, é un sistema de comunicación vía radio que permite comunicacións de voz e datos. Por este medio establécense comunicacións entre a CCUSG-061 e os seus recursos. Este sistema permite comunicacións áxiles e rápidas, cun control exhaustivo das chamadas executadas mediante permisos, que achegan maior seguridade e dispoñibilidade de rede.
  • GPS, todas as ambulancias da RTSU levan instalados sistemas de localización GPS, o que permite á CCUSG-061 levar a cabo un control de flota dos seus vehículos. O sistema GPS leva integrado un módulo de comunicación vía GPRS que permite á central e aos seus recursos comunicarse mediante mensaxería instantánea (posicións / estados dos recursos, direccións dos incidentes, ...) sen necesidade de establecer comunicación de voz (por teléfono ou radio).

Cabe salientar que TODAS as comunicacións establecidas coa CCUSG-061 (tanto recibidas como emitidas) por calquera dos medios anteriormente descritos, quedan gravadas en soporte dixital. Ditas gravacións almacénanse e custódianse nun contedor de seguridade destinado a tal efecto.

Estas ferramentas de comunicación están integradas coas informáticas, e axústanse aos máis altos niveis tanto de calidade como de seguridade.