h1

Rede de postos informáticos con PC multipantalla, que teñen instalada como aplicación informática principal o aplicativo ACORDE (Aplicación para a Coordinación De Emerxencias). Dita aplicación é de deseño e desenvolvemento propio e permite a xestión a nivel informático de toda a actividade xerada na Central de Coordinación desde a entrada da chamada ata a finalización do proceso asistencial. Dispón de módulos para cada tipo de usuario (teleoperador, locutor, médico e enfermeiro) facilitando a cada un o seu labor (clasificación automática da demanda, seguimento a tempo real dos servizos, apartados para codificación de datos clínicos, etc.)

  • Aplicación para a supervisión da actividade telefónica: Ferramenta que permite a monitoraxe de parámetros de chamadas en tempo real e a xeración de informes a tempo vencido de toda a actividade telefónica da CCUSG-061.
  • ACORDE-REC: É un buscador de chamadas que permite acceder aos usuarios autorizados ás gravacións das comunicacións máis recentes.
  • GIS: Sistema de Información Xeográfica, que permite facer seguimento en tempo real do desenvolvemento das urxencias e emerxencias en toda Galicia sobre unha cartografía informatizada da Comunidade, representándose na mesma tanto os puntos dos incidentes, como a situación dos recursos, os centros sanitarios e outros puntos de interese.
  • Intranet Corporativa: Que contén información de interese relativa á institución.
  • Aplicación para a xeración de noticias: Permite emitir de maneira semiautomática informes e noticias seleccionadas polo seu interese para medios de comunicación acreditados.
  • Consulta en liña: Para a xestión das consultas que entran por vía telemática e que permite a designación dun sanitario responsable da súa contestación nun tempo breve.

Todas as ferramentas informáticas rexistran a actividade que leva a cabo con elas de tal forma que permiten ser auditadas a posteriori polos administradores para comprobar ?quen fixo e que fixo? en cada momento.

Estas ferramentas informáticas están integradas coas de comunicación, e axústanse aos máis altos niveis tanto de calidade como de seguridade.