h1

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pon a disposición do cidadán outro medio, ademais dos números de teléfono 061 e 902 400 116, co que poder realizar consultas médicas e resolver as súas dúbidas de información sanitaria: a consulta on line.

Por medio deste servizo e requirindo só unha conta de correo electrónico para recibir a resposta, o usuario ponse en contacto con persoal sanitario cualificado co que pode consultar:

  • Dúbidas sobre a evolución dunha enfermidade.
  • Opinión sobre a orientación dun caso.
  • Asesoría sobre problemas de saúde non urxentes.
  • Información xeral sobre temas sanitarios (tratamentos, resultado de probas, funcionamento xeral do sistema,…).
  • Información sobre os servizos e actividades que proporciona a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
En breve prazo, o usuario recibirá unha resposta á súa consulta na dirección de correo electrónico que proporcione  cunha opinión fundamentada e autorizada que servirá de orientación.

Moi importante:
  • A consulta  on line non pode substituír a un servizo de atención médica directa, non sendo diagnóstica nin terapéutica, senón soamente orientativa.
  • Se o seu caso é urxente é mellor establecer un contacto directo  co teléfono 061 (para persoas que chaman desde Galicia).
  • A consulta que vostede realiza pode sufrir unha demora variable en recibir contestación (en función do nivel de demanda puntual do servizo).
  • Se o que necesita é un consello ou unha resposta inmediata recoméndase poñerse en contacto co número de teléfono 902 400 116 (servizo de consulta sanitaria telefónica).​

Enlaces relacionados Enlaces relacionados