h1

A gripe é unha enfermidade producida polo virus de aparición estacional durante o outono e o inverno de cada ano nos climas cálidos, cun alto poder de difusión entre a poboación.

As principais fontes de infección son os propios enfermos, que transmiten o virus mediante gotiñas de saliva (ao falar, tusir ou esbirrar), xa que se elimina nas secrecións das mucosas nasal e farínxea. Transmítese xa antes da aparición dos primeiros síntomas, aínda que son os tres primeiros días de presentación dos mesmos, os de máxima contaxiosidade.

A gripe pode producir desde síntomas mínimos ou casi nulos ata a coñecida síndrome gripal, de comezo brusco, con calafríos e febre alta durante as primeiras 48 horas, dor de cabeza, dores musculares e articulares (sobre todo en costas, brazos e pernas), sensación de fatiga e debilidade. Son frecuentes a irritación de gorxa, a tose con expectoración, a conxestión nasal, ... Nalgún caso poden aparecer síntomas dixestivos como dor abdominal, vómitos e diarrea.

Non existe ningún tratamento específico, pero a vacinación diminúe as probabilidades de contraer a enfermidade.

Que facer:

  • Manter un ambiente cálido e cómodo.
  • Repouso.
  • Beber líquidos abundantes (auga e zumes).
  • Tusir e esbirrar nun pano.
  • Lavarse frecuentemente as mans.
  • Utilizar medicación analxésica e antitérmica (paracetamol se non existen alerxias, por exemplo) para mellorar os síntomas  administraranse de forma periódica e non só cando nos atopemos mal. Tamén se poden utilizar preparados para a tose.
  • Vixiar a aparición de síntomas asociados indicativos de complicación: dificultade respiratoria severa, rixidez de caluga, manchas cutáneas, alteración do nivel de consciencia, febre maior de 38,5 ºC continua, nula resposta ao tratamento sintomático, ...
  • Se aparecen síntomas de complicación consulte c un médico: chame ao 061.
Evitar:
  • Abusar de medicación antitérmica.
  • Auto administrarse antibióticos.
  • Infravalorar síntomas acompañantes.