h1

 

O día 15 de outubro co gaio da celebración do Día europeo de concienciación ante o paro cardíaco, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 colaborou na celebración dun mass training con máis de 360 nenos na Praza de Armas de Ferrol.

Esta xornada alíñase co programa RCP na aula da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, desde o ano 2015, forma a profesores e estudantes de secundaria en técnicas de soporte vital básico e uso do DESA en toda a Comunidade Autónoma.

Esta acción formativa enmárcase dentro do ciclo Galicia cardioprotegida. Un camiño con corazón que puxeron en marcha o Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Semes Galicia e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.


 

Enlaces relacionados Enlaces relacionados