h1

Existe un número importante de patoloxías exclusivas e en continua evolución que requiren coñecer  o que estamos facendo e as posibilidades de mellora que podemos introducir. Para elo é esencial fundamentar dende o punto de vista científico, que as técnicas terapéuticas que empregamos, tradúcense  nun aumento e teñen un impacto significativo na calidade de vida dos pacientes. Tradicionalmente, o papel investigador quedou reducido ás comunicacións a congresos, pero estamos no momento de implicados en ensaios clínicos ambiciosos e na publicación de estudos de investigación centrados nos nosos resultados e nos nosos programas. A dispoñibilidade dunha área de xestión de datos e informática tecnoloxicamente avanzados, ofrécenos  unha ampla gama de posibilidades que nos permiten investigar, en beneficio propio e sobre todo dos nosos pacientes.

A Investigación dentro da Fundación vehiculízase a través do Servizo de Docencia e Investigación en colaboración coas diferentes Direccións e directamente supervisado polo director da Fundación. Actualmente, a área de investigación integra varias liñas de traballo:

  • Ensaios clínicos: Actualmente a Fundación está a desenvolver tres ensaios clínicos, en dous de eles a Fundación é ente colaborador de Ensaios dependentes dun Promotor externo e un terceiro ensaio que é propio. Os ensaios son:

    • METOCARD.
    • ATLÁNTIC.
    • HTRECE: ensaio clínico multicéntrico de ámbito autonómico, coa participación da gran maioría das institucións de referencia Servizo Galego de Saúde, presentado pola Fundación ao Instituto de Salud Carlos III na convocatoria 2012.

  • Liñas de investigación propias: aquelas que ao longo dos anos, propiciaron o establecemento de planes asistenciais propios de gran repercusión e impacto:

    • PROGALIAM.
    • Simulación robótica avanzada.
    • Seguridade do Paciente.
    • Asistencia á Morte Súbita.
    • Desfibrilación Externa Semiautomática.
    • Politrauma.
    • Parada cardiorespiratoria: Cunha base de rexistro propio, e integrado nun  Proxecto de Investigación coordinado no que participan doce Comunidades Autónomas, pendente de  financiamento solicitado dende a Fundación ao Instituto de Salud Carlos III, na convocatoria 2012.

  • Publicacións:

    • Edición propia.
    • Publicacións en revistas científicas.
  • Innovación e proxectos de desenvolvemento de novas liñas asistenciais en colaboración  co Sistema Sanitario Público.

  • Organización de Congresos, Xornadas e Reunións Científicas.

  • Presenza institucional en Sociedades Científicas.

  • Presenza en comités editoriais, de expertos e revisores de revistas científicas.

  • Colaboración en grupos de investigación e desenrolo de programas  a nivel nacional e internacional.

  • Participación en proxectos de colaboración no ámbito da Comunidade Europea.

  • Participación en grupos de expertos para a creación de guías de consenso sobre as patoloxías da emerxencia e do transporte.
  •