A área de investigación constitúe unha das prioridades dentro da carta de servizos da Fundación. O desenvolvemento da investigación foi limitado no noso campo durante bastante tempo, por iso un dos nosos obxectivos é trasladar e potenciar a cultura da investigación neste contexto adaptándoa ás peculiaridades de noso desempeño profesional.
Existe un número importante de patoloxías exclusivas e continuamente en evolución que requiren coñecer o que estamos a facer e as posibilidades de mellora que podemos introducir. Para iso é esencial fundamentar desde o punto de vista científico, que as técnicas diagnósticas e terapéuticas que empregamos tradúcense nun impacto significativo sobre a calidade de vida dos pacientes.
Liñas de investigación xerais:
- PROGALIAM.
- Simulación robótica avanzada.
- Seguridade do paciente.
- Desfibrilación externa semiautomática.
- Asistencia ao politraumatizado.
- Parada cardiorrespiratoria:
- Cunha base de rexistro propia e integrado nun Proxecto de investigación coordinado no que participan trece comunidades autónomas (OSHCAR).
- Mapa da PCR en Galicia.
- Proceso integral de atención á PCR.
- Indicadores de resultados en saúde da formación do persoal sanitario.
- Eficiencia e impacto do programa Alerta Escolar e RCP na Aula.
- Manexo prehospitalario do ictus.
Liñas de investigación prioritarias:
- Proxecto de investigación IMPACTE: estudo de patoloxías tempo dependentes en pacientes atendidos polos SEM españois. Inclúe: infarto agudo de miocardio, PCR, ictus, trauma grave e edema agudo de pulmón.
- Resultados do Programa de desfibrilación externa semiautomática en Galicia. Liña de investigación absolutamente imprescindible para o noso servizo, tanto pola casuística existente no momento actual como por ser os pioneiros na súa implantación e desenvolvemento en España.
- Éxitus sen RCP e PCR non esperadas. Liña de investigación fundamental, liderada polo persoal investigador da Central de Coordinación, non soamente para a consecución de resultados publicables, senón tamén para a obtención de datos necesarios para a mellora da atención e a xestión coordinada con outros niveis do sistema de saúde.
- Redes sociais e App Urxencias Sanitarias de Galicia. Ademais de como liña de investigación, tamén como elemento potenciador da presenza de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na sociedade de acordo coas últimas tendencias en comunicación.
Proxectos de investigación actuais:
- OSHCAR: 2ª fase de resultados.
- OSHCAR: 3ª fase durante a pandemia de Covid-19.
- SEM Nacionais ante Covid-19: análise de recursos e actuacións por parte dos SEM nacionais durante a pandemia de Covid-19.
- IMPACTE: patoloxías tempo dependentes.
- GENCAD: diferenzas de xénero en patoloxía cardiovascular. Participación como investigadores colaboradores. Proxecto financiado polo ISCIII.
- NON FEAR (Network Of practitioners For Emergency MedicaAl systems and cRitical care).
- DARWIN resarch project. Comunidade de práctica en crise e resiliencia. Proxecto financiado pola Unión Europea dentro do Programa Horizonte 2020.