h1

O vinte e catro de abril de dous mil dous, constitúese formalmente o  Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que xa viña funcionando como unha parte máis da Fundación desde o ano 2000. Con iso conséguese alcanzar un dos seus obxectivos fundamentais; prover ao persoal sanitario da Fundación das habilidades e capacidades necesarias para prestar a mellor asistencia sanitaria posible ao paciente grave. O eixo conceptual ao redor do cal se articula o plan de formación do persoal sanitario da Fundación, ten como  obxectivo último a capacitación de todos os profesionais do sistema e a atención adecuada aos pacientes que o precisen. Á vez constitúese como centro de referencia autonómico primeiro e nacional despois na formación de calquera profesional da saúde no campo das urxencias, emerxencias e catástrofes.