h1

O pasado 20 de xaneiro entregouse o premio Cidade de Pontevedra 2020 aos profesionais sanitarios que asisten en primeira liña fronte á Covid-19. En representación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu Rosa Paredes Ríos, enfermeira na base medicalizada do 061 en Pontevedra. Tamén asistiu persoal sanitario do Complexo Hospitalario de Pontevedra e da empresa concesionaria do servizo de transporte sanitario urxente na cidade.

Coa entrega destes premios, que anualmente se conceden o día 20 de xaneiro, coincidindo con San Sebastián, patrón de Pontevedra, quixo recoñecerse a vocación de servizo e a profesionalidade do persoal sociosanitario que leva moitos meses facendo frente á Covid-19.