h1

O Centro de Formación, desempeña un papel integrador dentro da nosa actividade, permite prover coñecementos e habilidades individuais e de equipo, para optimizar nosas capacidades, potenciar as fortalezas presentes, e adiantarse ás necesidades futuras da poboación asistida, así como identificar áreas de mellora en cada un dos Centros de Xestión.

Ademais, colabora e lidera a formación de outros colectivos profesionais que sen formar parte da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, teñen responsabilidade asistencial compartida (Atención Primaria, Puntos de Atención Continuada, Urxencias Hospitalarias), ben de maneira directa, ben a través da Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS).

Igualmente, o Centro posibilita e é garante da calidade da formación, capacitación e prestación de servizos asistenciais, de aqueles colectivos que dependen de empresas que contratan servizos de transporte sanitarios coa Fundación e de calquera outra, sexa cal sexa a actividade que desempeñe, que teña unha política de mellora continua e capacitación dos seus profesionais no campo das actuacións de calquera persoa que necesite utilizar coñecementos de primeiros auxilios e reanimación básica.

O Centro supón un punto de partida de gran parte das actividades de comunicación e interrelación da Fundación con outros servizos sanitarios a través da organización de actividades divulgativas, coordinadoras e de relacións con outros Servizos de Emerxencias.

Enlaces relacionados Enlaces relacionados