Os vehículos de apoio loxístico (VAL) son vehículos de emerxencias acondicionados para a asistencia de urxencias vitais e transporte de material cara ó lugar do incidente, pero sen capacidade de transporte de doentes. Dan apoio ás USVAs mobilizadas ata o punto do incidente, ó posto de asistencia sanitaria e a toda aquela estrutura loxística que se despregue no lugar do incidente.
Actualmente a FPUSG-061 conta con 14 VAL distribuidos pola Rede de transporte sanitario urxente. O material que conteñen, entre outro, é:
- Padiolas de rescate
- Grupo electróxeno
- Carpas inflables
- Focos de iluminación LED
- Botellas de osíxeno
- Mantas
- Arcóns de catástrofes
Os arcóns de catástrofes conteñen material para poder prestar asistencia de soporte vital avanzado (SVA), cando nunha situación de incidentes de múltiples vítimas (IMV) se estime que poida haber máis de cinco feridos críticos.
O material que contén permite asistir ata a quince feridos críticos.
Dotación:
Arcóns de catástrofes para AA-SVA terrestres:
Son dous arcóns iguais en todas as bases e co seguinte material:
- Arcón de sinalización: cintas, bandeiras e plásticos de triaxe, lámpadas e triángulos de sinalización, cinta de balizamento, puntos de iluminación, megáfono
- Arcón mixto de respiratorio-circulatorio: con medicación e funxible.
Arcón de helicópteros:
É un arcón único, de menor tamaño, (razóns de espazo) con material de respiratorio, circulatorio e medicación. Localizada na base do helicóptero medicalizado.