h1

A comunicación de achegas, queixas, agradecementos e peticións dos cidadáns pode realizarse a través de diferentes canles:

  • A través desta páxina web cubrindo a folla de reclamación e achegas
  • A través do teléfono 061: o persoal da Central de Coordinación do 061 de Galicia as 24 horas do día e os 365 días do ano. Na central tramitaranse todas aquelas informacións que poidan ser solucionadas de inmediato. Se isto non é posible, por distintos motivos (carga de traballo, dificultade nese momento de acceso á información, etc) indicaráselle ao usuario que contacte co Servizo de Calidade e Relación con Usuario no horario de atención ao público.
  • A través do teléfono: 881 547 448, en horario de luns a venres de 8:00 h. a 15:00 h.
  • A través do FAX: 881 547 435.
  • A través do correo electrónico específico do servizo: careus.061@sergas.es
  • A través do correo postal:

 

     Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia–061     

     Servizo de Calidade e Relación co Usuario     

     Centro Integrado de Atención ás Emerxencias  

     Rúa da Cultura, s/n 36680 A Estrada (Pontevedra)