h1

Os síntomas máis comúns da intoxicación por monóxido de carbono son: dor de cabeza, mareos, debilidade, falta de aire, náuseas, vómitos, dor no peito, visión borrosa e estado mental alterado que pode chegar a causar desde a pérdida da conciencia ata a morte.

Principais fontes de monóxido de carbono:

  1. Xeradores que funcionan con gasolina.
  2. Grellas de carbón, estufas (cociñas) de gas propano e cociñas de carbón para cociñar en interiores ou quentar interiores.
  3. Vehículos de motor.
  4. Incendios.
  5. Embarcacións.
  6. Máquinas de lavar a presión e outras ferramentas que funcionan con gasolina.

 

Como evitar intoxicacións:

  1. Manteña os espazos onde existan automóbiles en marcha ben ventilados.
  2. Use os dispositivos a gas segundo as súas recomendacións.
  3. Non acenda un xerador nun espazo pechado (como o soto ou o garaxe).
  4. Os electrodomésticos e motores que usan combustible deben estar situados en lugares que teñan a ventilación necesaria (calefacción, caldeiras, grellas de carbón, quentadores de auga, chemineas, cociñas de leña).
  5. Asegúrese de que a compañía correspondente realiza as verificacións anuais de todos os aparatos a gas, mesmo a caldeira.
  6. Se ten cheminea, mantéñaa en bo estado. Limpe a cheminea e o seu conduto cada ano.
  7. Algúns solventes contidos en determinadas pinturas e vernices poden producir intoxicación po monóxido de carbono ao inhalarse. Úseos sempre en lugares ben ventilados.

 

Que facer ante calquera sospeita de intoxicación por monóxido de carbono?

  1. Chame ao 061 de inmediato.
  2. Saia do domicilio inmediatamente deixando a porta aberta.
  3. Espere a que cheguen os servizos de emerxencias.