h1

Son ambulancias cuxo equipamento permite prestar soporte vital básico, coidados básicos de saúde e transporte sanitario.

O equipo humano que integra cada ambulancia asistencial de soporte vital básico consta de: 
 
  • Un condutor técnico en emerxencias sanitarias (TES)
  • Un axudante técnico en emerxencias sanitarias (TES)

 

Estas ambulancias dan cobertura á totalidade da poboación galega, as 24 horas do día, os 365 días do ano, e están en contacto permanente coa central de coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a través de teléfono, radio e sistema de localización por GPRS.

Un dos seus obxectivos é poñer a disposición da poboación a realización da desfibrilación nos tempos recomendados polas sociedades científicas. Para isto, todas elas dispoñen de desfibrilador semiautomático externo (DESA) e persoal con formación no seu manexo, así como material de mobilización e inmobilización de pacientes traumatizados. 

O equipamento das ambulancias asistenciais de soporte vital básico é supervisado de forma periódica, co fin de garantir que as ambulancias cumpran, en todo momento, cos requisitos de calidade esixidos nos pregos de contratación.