h1

A rede de transporte sanitario urxente de Galicia (RTSUG-061) é unha rede integral e permanente de atención á urxencia, coordinada e mobilizada exclusivamente a través da central de coordinación do 061 de Galicia. Está deseñada para dar resposta ás diversas necesidades de asistencia e transporte sanitario urxente extrahospitalario, as 24 horas do día, os 365 días con cobertura á totalidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na actualidade está formada por:

  • 2 helicópteros de soporte vital avanzado: situados en Santiago de Compostela e Ourense, dotados do material e o persoal sanitario capacitado para prestar asistencia médica in situ a pacientes de extrema gravidade.
  • 12 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado medicalizadas: localizadas en Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Foz, Ourense, Pontevedra, Vigo, Mos, Monforte de Lemos, 2 na cidade da Coruña e na bisbarra do Salnés. Dispoñen do equipamento necesario para prestar asistencia médica in situ aos pacientes graves e asistilos durante o seu traslado.
  • ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado de enfermaría: situadas na Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo. Dispoñen de persoal de Enfermaría e o material necesario para prestar asistencia sanitaria in situ a pacientes graves e asistilos no traslado. 
  • 107 ambulancias asistenciais de soporte vital básico: dotadas de dous técnicos en emerxencias sanitarias, capacitados para realizar manobras de soporte vital básico. Todas as ambulancias  dispoñen de desfibriladores semiautomáticos. A distribución por provincias é a seguinte: 32 bases na provincia da Coruña con 38 vehículos, 16 bases na provincia de Lugo con 20 vehículos,15 bases na provincia de Ourense con 17 vehículos e 24 bases na provincia de Pontevedra con 32 vehículos.
  • 2 ambulancias convencionais: situadas en Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel. Están dotadas dun técnico en emerxencias sanitarias, capacitado para realizar manobras de soporte vital básico e dispón de desfibrilador semiautomático.


1997: o 1 de xullo a RTSUG-061 incorporou 8 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado con base nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Sanxenxo (esta última só durante a época estival).

1998: presentación da primeira rede permanente de ambulancias de urxencias sanitarias composta por 75 ambulancias asistenciais de soporte vital básico.

2000: incorporación de 14 ambulancias asistenciais de soporte vital básico para reforzar a cobertura das principais cidades galegas.

2001-2004: posta en marcha de 9 ambulancias asistenciais de soporte vital básico con desfibriladores semiautomáticos incorporados.

2005: incorporación de 2 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado na Coruña e Mos que, ademais, prestan apoio ao Programa Galego de Atención ao Infarto Agudo de Miocardio (Progaliam).

2007: reorganización da contratación do transporte sanitario urxente terrestre coa creación das 14 áreas e incorporación de 3 ambulancias asistenciais de soporte vital básico.

 

2008-2009: reorganización das ambulancias asistenciais de soporte vital básico coa finalidade de adecuarse á demanda e achegar as súas bases aos Puntos de Atención Continuada. 

 

2010: comeza a prestar servizo a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado con base en Foz para a prestación do servizo de transporte sanitario urxente, primario e secundario, na Mariña lucense.

 

2016: incorporación de 5 ambulancias asistenciais de soporte vital básico en: A Coruña, Tomiño, Rianxo, Ourense e Vilagarcía de Arousa. 

 

 

2019: ampliación da RTSU-061 ata as 12 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado medicalizadas, 4 ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado de enfermaría, 107 ambulancias asistenciais de soporte vital básico e 2 ambulancias convencionais.