h1

O pasado venres, 9 de agosto, o subdirector de Procesos Asistenciais de Enfermería, Óscar Estraviz Paz, visitou as instalacións do SUMMA 112 en Madrid. O motivo desta visita foi coñecer, de primeira man, a experiencia do servizo madrileño de emerxencias na prestación de asistencia sanitaria urxente a través de ambulancias de soporte vital avanzado de enfermería. A reunión permitiu intercambiar coñecementos de actuación entre os servizos de emerxencias, así como profundar sobre os procedementos operativos dos mesmos.

Durante a visita, Estraviz Paz coñeceu a Central de Coordinación do SUMMA 112 e os recursos sanitarios do servizo, especialmente as ambulancias de soporte vital avanzado de enfermería, os vehículos de intervención rápida e os recursos de apoio loxístico.

Está previsto que, a partir do próximo mes de outubro, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 anada á Rede de Transporte Sanitario Urxente de Galicia catro ambulancias de soporte vital avanzado de enfermería con base nos municipios da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo.