h1

 

QUE FACER ANTE A ONDA DE CALOR?


 

  1. Evitar exposición ao sol nas horas centrais do día (entre as 11 e as 18 horas).

  2. Ventilar os domicilios particulares e lugares de traballo á primeira e á última hora do día.

  3. Manter as xanelas e persianas pechadas durante as horas centrais do día.

  4. Usar ventiladores e sistemas de aire acondicionado no interior dos edificios.

  5. Evitar saír á rúa durante as horas de máis calor e se é necesario camiñar por lugares con sombra ou protexidos con viseras, chapeus ou antucas; usar lentes de sol.

  6. Usar roupas frouxas de tecidos frescos e claros.

  7. Evitar actividades físicas en espazos exteriores.

  8. En canto á alimentación:

    • Beber auga con frecuencia sen esperar a ter sede.

    • Comer alimentos frescos de fácil dixestión como verduras e froitas. Evitar comidas abundantes, preferiblemente comer máis veces e poucas cantidades.

    • Evitar bebidas azucradas, alcohólicas e con cafeína.

  9. De aparecer síntomas relacionados coa exposición excesiva a altas temperaturas como mareos, alteracións no comportamento, sensación de aturdimiento, sensación febril, vómitos, cambras, convulsións ou perda de coñecemento; poderiamos estar a falar dun golpe de calor. En calquera caso ante esta situación ou calquera outro síntoma do que teña dúbidas deberá chamar ao 061.