1- En qué consiste o programa?
O programa "Acude e Axuda" é pioneiro en España, ten por finalidade rexistrar un grupo de persoas voluntarias, formadas en reanimación cardio-pulmonar e manexo de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA), que cubran todo o territorio galego, creando así unha rede de posibles "salvadores" de vidas (reanimadores), facendo da nosa comunidade unha comunidade cardioprotexida.
2- Qué formación se necesita para pertencer ao listado de voluntarios do programa?
Poderán pertencer a dito programa todas aquelas persoas que estean en posesión dos seguíntes títulos:
- Licenciatura en Medicina e Ciruxía ou Grao de Medicina.
- Diplomatura Universitaria en Enfermaría ou Grao de Enfermaría.
- Formación Profesional de Técnico en Emerxencias Sanitarias, certificado de profesionalidade equivalente ou habilitación.
3- Que máis se necesita para participar no programa?
- Dispoñer dun teléfono móbil con datos.
4- Cal será o funcionamento do programa?
Dende a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 (CCUSG-061) un médico coordinador despois de asistir telefónicamente unha chamada con sospeita de parada cardiorrespiratoria activará o programa "Acude e Axuda". A partir de entón mobilizaranse os recursos propios que de forma habitual realiza a CCUSG-061 (ambulancias, helicópteros...) completándose neste caso co envío dunha mensaxe a través de SMS aos voluntarios do programa. No teléfono móbil dos voluntarios aparecerá unha mensaxe como o seguinte exemplo:
No suposto caso de que o receptor (voluntario) da mensaxe estivese a menos de 10 minutos da dirección facilitada na mensaxe e con dispoñibilidade para acudir ao punto, chamará ao número de emerxencias sanitarias para Galicia "061" comunicando que é un voluntario do Programa Acude e Axuda e que se dirixe ao punto indicado, e seguirá as instruccións que dende a CCUSG-061 lle sexan facilitadas. Pódense dar as seguintes situacións:
- Que sexa o primeiro voluntario en responder.
- A CCUSG-061 comunicará ao voluntario que non é necesaria a súa axuda.
5- Como pode vostede anotarse como voluntario no Programa Acude e Axuda?
A través das distintas organizacións participantes no programa; vostede deberá pertencer a alguna delas e a organización á que pertenza será aque facilite á FPUSG 061 os seus datos.