Vostede debe chamar ao 061 ante calquera situación de URXENCIA SANITARIA:
Unha emerxencia sanitaria é aquela situación na que a vida dunha persoa pode estar en perigo.
Algúns exemplos de emerxencia sanitaria son:
- Accidentes de tráfico ou de calquera outro tipo con feridos graves (aqueles que presenten golpes ou feridas de importancia, sangrados ou hemorraxias, queimaduras, alteración da consciencia, atrapamento no vehículo,....).
- Perdas ou alteracións severas do estado de conciencia.
- Dor torácica de aparición brusca.
- Parálise ou alteracións bruscas da sensibilidade nunha parte do corpo.
- Dificultade importante para respirar.
- Intoxicacións por substancias (sólidos, líquidos ou gases).
- Afogamentos
É unha urxencia sanitaria aquela situación onde previsiblemente é necesaria asistencia sanitaria pero na que a vida da persoa non corre perigo.
- Febres altas.
- Vómitos continuos ou con presenza de restos de sangue.
- Diarreas importantes ou con presenza de sangrado.
- Dores importantes en localizacións diferentes do tórax (a dor no tórax é unha emerxencia).
Información a transmitir ao servizo de emerxencias:
- Que é o que pasou.
- Onde se atopa a persoa ou persoas que necesitan axuda.
- Cantas persoas necesitan axuda e como se atopan.
- Existen perigos no lugar que deban de ser controlados ademais de prestar asistencia sanitaria? (presenza de incendios, riscos de escape de substancias químicas, atrapados, persoas violentas, necesidade de rescate...).
