h1

Horario de atención servizo Bildtec

De 08:00 h. a 20:00 h.


 
 
 

Vostede debe chamar ao 061 ante calquera situación de URXENCIA SANITARIA:

Unha emerxencia sanitaria é aquela situación na que a vida dunha persoa pode estar en perigo.

Algúns exemplos de emerxencia sanitaria son:

  • Accidentes de tráfico ou de calquera outro tipo con feridos graves (aqueles que presenten golpes ou feridas de importancia, sangrados ou hemorraxias, queimaduras, alteración da consciencia, atrapamento no vehículo,....).
  • Perdas ou alteracións severas do estado de conciencia.
  • Dor torácica de aparición brusca.
  • Parálise ou alteracións bruscas da sensibilidade nunha parte do corpo.
  • Dificultade importante para respirar.
  • Intoxicacións por substancias (sólidos, líquidos ou gases).
  • Afogamentos

É unha urxencia sanitaria aquela situación onde previsiblemente é necesaria asistencia sanitaria pero na que a vida da persoa non corre perigo.

  • Febres altas.
  • Vómitos continuos ou con presenza de restos de sangue.
  • Diarreas importantes ou con presenza de sangrado.
  • Dores importantes en localizacións diferentes do tórax (a dor no tórax é unha emerxencia).

Información a transmitir ao servizo de emerxencias:

  • Que é o que pasou.
  • Onde se atopa a persoa ou persoas que necesitan axuda.
  • Cantas persoas necesitan axuda e como se atopan.
  • Existen perigos no lugar que deban de ser controlados ademais de prestar asistencia sanitaria? (presenza de incendios, riscos de escape de substancias químicas, atrapados, persoas violentas, necesidade de rescate...).

  

 BotonVideollamadaSordos.png

 

Vostede pode chamar ao número de consulta sanitaria, 9O2 4OO 116:

  • Ante calquera dos síntomas descritos no apartado de urxencias, cando se presentan de forma leve.
  • Asesoramento sobre medicamentos.
  • Asesoramento sobre anticoncepción.
  • Consultas sobre vacinación.
  • Consultas sobre manexo de dispositivos de medición.
  • Consultas sobre resultados de análises.
  • Consultas sobre dietas en situacións patolóxicas.
  • Asesoramento sobre preparación de probas médicas.