h1

Tras a publicación por parte da Xunta de Galicia do Decreto 251/2000 pioneiro en España, no que se regulaba o uso de Desfibriladores Semiautomáticos Externos (DESA) por persoal non médico, ademais da formación necesaria para o devandito uso; a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 (FPUSG 061) apostou pola implantación de desfibriladores semiautomáticos na totalidade das súas ambulancias asistenciais de soporte vital básico (AA de SVB) para ser manexados polo persoal Técnico de Transporte Sanitario naquel momento.

No ano 2005 publícase un novo Decreto 99/2005 que inclúe melloras con respecto ao anterior.

No ano 2017 acabamos de estrear novo Decreto 38/2017 polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fose do ámbito sanitario, este Decreto capacita para o uso dos DESA en Galicia a médicos, enfermeiros e Técnicos de Emerxencias Sanitarias (TES), ademais daquelas persoas que, sen ser pertencentes ás citadas profesións, dispoñan dun título de SVB e DESA emitido por algunha das entidades con capacidade legal para impartir o curso (con obrigación de renovar o título cada dous anos). É obrigatorio dar de alta do aparello e achegar as coordenadas xeográficas (xeolocalización) do DESA para que a FPUSG 061 inclúao no directorio de recursos da nosa Central de Coordinación; ademais tamén será incluído na nova APP 'Urxencias Sanitarias 061'. Este novo Decreto axiliza os trámites necesarios para o alta obrigatoria dos DESA.

A FPUSG 061 é o órgano, representante da Xunta de Galicia, encargado de supervisar e autorizar as altas, e continúa sendo a referencia para os propietarios de novos DESA tanto no momento de alta como nos futuros usos dos mesmos.

Na actualidade o número de DESA en Galicia a aumentado de forma exponencial logrando converter á nosa Comunidade nun espazo Cardioprotegido; a xeolocalización dos mesmos facilita que a FPUSG 061 poida realizar unha indicación de uso dos mesmos e guiar a reanimación cardiopulmonar mentres non chegan ao momento os recursos asistenciais propios.

Enlaces relacionados Enlaces relacionados