h1

O Plan de xormación xeral do Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia baséase nas tres grandes patoloxías que constitúen a maior parte da actividade da emerxencia extrahospitalaria: paradas cardiorrespiratorias, patoloxía cardiovascular e patoloxía traumática.

 

A formación continuada para garantir unha atención de calidade resulta fundamental cara a actualizar os coñecementos dos profesionais que van atender a estes pacientes, non só no ámbito hospitalario, senón tamén desde o propio lugar do suceso. Deste xeito, faise necesaria a colaboración doutros profesionais, que pola súa localización máis próxima ás vítimas, convértense en colaboradores imprescindibles. Estes colectivos son: os técnicos en emerxencias sanitarias e os médicos e enfermeiros de Atención Primaria.


Os plans de formación están dirixidos a profesionais sanitarios, profesionais de emerxencias non sanitarios e poboación xeral. 


A formación dos profesionais sanitarios capacítalles para unha atención de calidade ás patoloxías urxentes con compromiso vital máis frecuentes, principalmente, cursos de: SVA, soporte vital avanzado en trauma, atención á síndrome coronaria aguda, soporte vital pediátrico, atención a catástrofes e múltiples vítimas, interpretación de electrocardiogramas e tratamento de arritmias. Tamén, impártense cursos sobre a regulación da demanda en centrais de coordinación sanitaria e reciclaxes mediante talleres prácticos de curta duración.

Os cursos orientados a profesionais de emerxencias non sanitarios son, fundamentalmente, formación de SVB, primeiros auxilios e asistencia ao trauma. Ademais de colaboracións en simulacros de catástrofes e asistencia a incidentes en múltiples vítimas.

Respecto á poboación xeral, realízansen cursos de soporte vital básico, e primeiros auxilios e trauma.

 

Por último, a formación do persoal propio constitúe unha preocupación constante de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Así, gran parte destes profesionais posúen a capacitación como monitores e instrutores en soporte vital básico (SVB) e soporte vital avanzado (SVA), soporte vital pediátrico e soporte vital en trauma. Ademais de formación en simulacros de catástrofes e incidentes de múltiples vítimas. Do esforzo realizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 neste campo benefícianse outros colectivos a través da formación externa.