h1

O programa "Acude e Axuda", pioneiro en España, ten por finalidade rexistrar un grupo de voluntarios, formados en reanimación cardio-pulmonar e manexo de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA), que cubran todo o territorio galego para crear así unha rede de posibles "salvadores" de vidas (reanimadores), facendo de Galicia unha comunidade cardioprotexida.

Poderán pertencer a este programa todas aquelas persoas que estean en posesión dos seguíntes títulos: licenciatura en Medicina e Cirurxía ou grao de Medicina; diplomatura Universitaria en Enfermaría ou grao de Enfermaría; e formación profesional en Técnico en Emerxencias Sanitarias, certificado de profesionalidade equivalente ou habilitación.

O médico coordinador activará o programa "Acude e Axuda" despois de asistir telefónicamente unha chamada con sospeita de parada cardiorrespiratoria. A partir de entón mobilizaranse os recursos propios necesarios (ambulancias, helicópteros...) e, ao tempo, enviarase unha mensaxe de SMS aos voluntarios do programa. 

No suposto caso de que o receptor (voluntario) da mensaxe estivese a menos de 10 minutos da dirección facilitada na mensaxe e con dispoñibilidade para acudir ao punto, chamará ao número de emerxencias sanitarias "061" comunicando que é un voluntario do Programa Acude e Axuda e que se dirixe ao punto indicado. Seguirá as instruccións facilitadas desde a Central de Coordinación.

Para formar parte deste programa deberá pertencer a algunha das organizacións participantes, que facilitarán os seus datos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.