h1

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 implantou desfibriladores semiautomáticos externos (DESA) nas súas ambulancias asistenciais de soporte vital básico para ser manexados polo persoal técnico en emerxencias sanitarias (TES), tras a publicación do Decreto 251/2000, pioneiro en España -que regula o uso de DESA por persoal non médico e a formación necesaria para o seu uso-.

Cinco anos despois, publicouse en Galicia o Decreto 99/2005 que inclúe melloras con respecto ao anterior. Posteriormente, o Decreto 38/2017 polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, capacitou no uso dos DESA a médicos, enfermeiros e TES. Ademais daquelas persoas que, sen ser pertencentes ás citadas profesións, dispoñan dun título de SVB e DESA emitido por algunha das entidades con capacidade legal para impartir o curso (con obrigación de renovar o título cada dous anos). 

Esta normativa obriga a dar de alta e achegar os datos de xeolocalización (coordenadas xeográficas) dos DESA para que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 poda incluilos no directorio da súa central de coordinación.

A xeolocalización destes aparellos facilita que, no caso de sufrir unha parada cardiorrespiratoria e mentres chegan os recursos asistenciais axeitados, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 poida indicar como usar os mesmos e guiar a reanimación cardiopulmonar.

Ademais, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como representante da Xunta de Galicia, é o organismo encargado de supervisar e autorizar as altas e o posible uso dos DESA.

Na actualidade, o número de DESA en Galicia aumentou de forma exponencial e fai da nosa Comunidade Autónoma un Espazo Cardioprotegido. 

Enlaces relacionados Enlaces relacionados