h1

  • Telefonía móbil e fixa: permiten a comunicación da Central de Coordinación cos recursos asistenciais e coa poboación galega (alertantes, pacientes, etc.).
  • Rede dixital Tetra: sistema de comunicación, vía radio, que permite comunicacións de voz e datos. Por este medio comunícanse a Central de Coordinación e os seus recursos. Permite comunicacións áxiles e rápidas, cun control exhaustivo das chamadas executadas mediante permisos, que achegan maior seguridade e dispoñibilidade de rede.
  • GPS: en todas as ambulancias da Rede de transporte sanitario urxente, o que permite levar a cabo o control de flota dos vehículos. Este sistema leva integrado un módulo de comunicación, vía GPRS, que permite á Central e aos seus recursos comunicarse mediante mensaxería instantánea (posicións, estado dos recursos, direccións dos incidentes...) sen necesidade de establecer comunicación por teléfono ou radio.
Todas as comunicacións establecidas coa Central de Coordinación (tanto recibidas como emitidas) quedan gravadas en soporte dixital. Estas gravacións almacénanse e custódianse nun contedor de seguridade. Ademais, estas ferramentas de comunicación están integradas coas ferramentas informáticas e axústanse aos máis altos niveis de calidade e seguridade.