h1

A aplicación para dispostivos móbiles "Urxencias Sanitarias de Galicia", dispoñible sen custo tanto para plataforma Android, como para IOS, supón un avance significativo para a asistencia ao paciente na contorna extrahospitalaria.

Unha vez instalada a aplicación, se o paciente ou alertante chama ao 061 a través da mesma, permite á Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, xeolocalizar a chamada e polo tanto de ser necesario, enviar o recurso asistencial necesario con maior prontitude e precisión, feito especialmente relevante nunha comunidade como Galicia, con gran dispersión xeográfica e cunha climatoloxía e orografía complexas.

A aplicación permite se o usuario o desexa, rexistrarse e introducir os datos da tarxeta sanitaria, facilitando nese caso que o persoal sanitario da CCUSG-061 acceda con maior rapidez á súa historia clínica.